CONCERTO NA CASA DA TERRA

O próximo 16 de febreiro darei un concerto na Casa da Terra. Un espazo marabilloso no corazón da Ulloa para empaparse de natureza. Reserva a túa entrada!

http://casadaterra.com/calendario-cursos/sofia-espineira-en-concierto/

Fotografía extraída do vídeo de Calle Sonora, A cabalo

 

II Mostra do posible

Esta fin de semana Cangas vai ser un fervedoiro de ideas, proxectos, alternativas…! chega a II Mostra do Posible cargadiña de actividades. Eu estarei tocando o domingo 7 a iso das 14:30h, un momento ideal para que collades algunha cousiña rica nos postos e sentedes un anaco no céspede a escoitar..e a cantar conmigo!

Berra en galego!

Xa pasou o Berra en galego. Alí estiven, abrindo a noite, para deixarlles paso despois a Os Novos, que continuaron a festa. El Pueblo Café Culural abriu as súas portas e un público marabilloso acompañoume no concerto, coas súas voces, coa súa presenza, co seu sorriso. Que máis se pode pedir..

MATRIOSKAS NO CULTURGAL

Aquí deixo As miñas flores, un tema que forma parte do novo espectáculo Matrioskas, no cal unimos voces Marta Ortiz e mais eu para mergullarnos en historias de mulleres. O pasado 1 de decembro presentamos un pequeno anaco do espectáculo no Culturgal. Aquí vai un pequeno vídeo do que foi!